8b3dc3f0

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Saludo

el .

Benvidas e benvidos a este espacio de intercambio na rede das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz; un proxecto deportivo que naceu coa entrada do novo milenio, como un novo modo de entender o fútbol base.

A nosa súa filosofía guía, a promoción do deporte de base difusor de ilusión polo fútbol entre os máis novos, foi o motor que permitiu poñer en marcha no outono de 2001 este ambicioso proxecto que, ano a ano se consolida dentro do panorama deportivo non só da Costa da Morte, senón tamén a nivel provincial, autonómico, nacional e inclusive internacional.



Dende as Escolas Luis Calvo Sanz, estamos completamente convencidos de que as entidades deportivas, como parte da sociedade son un factor máis de socialización, e polo tanto, teñen que corresponsabilizarse cos pais e nais e co resto da sociedade de cal é o rol que dentro do eido educativo nos toca seguir.

E isto é o que precisamente vimos demostrando as escolas dende a nosa creación; non somos un simple centro lúdico no que os rapaces e rapazas poidan pasar un par de horas, somos un auténtico centro educativo deportivo.

Estamos convencidos  de que  o máis importante non é só inculcar técnicas de xogo, senón sobre todo inculcar principios e valores entorno ó deporte; principios e valores coma o compañeirismo, o respecto, a tolerancia, a igualdade, o pluralismo, … todo isto sen esquecer o significado da palabra “equipo”.



Todo isto non fai senón consolidar ano a ano ás Escolas Luís Calvo Sanz como un referente dentro do fútbol base galego, ofrecendo á  mocidade unha alternativa deportiva chea de ilusión, seriedade e profesionalidade; unha alternativa que aposta pola mocidade de xeito real, dándolle oportunidades e poñendo á súa disposición outro xeito de vivir o deporte.



Por un lado, serve para dar a oportunidade a miles de rapaces e rapazas de toda a Costa da Morte de competir a nivel nacional e internacional con equipos de primeira liña, podendo comprobar que o deporte galego acada uns graos de calidade moi altos. 

Por outro lado, serve como un lugar de encontro e intercambio de ideas e experiencias entre mozos e mozas chagados de diferentes partes da costa da morte e que se mesturan facendo do aparato deportivo un xerme de convivencia pacífica e pluralismo que non ten comparación.



Benvidos e benvidas

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.