banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

1ªderrota na casa fronte a un Silva granítico que soubo aproveitar o noso atranco

el .

Bergan   Silva enero 19

2ª Oportunidade que o equipo non aproveita para voltar de novo o liderato .

Bergantiños: Bugi: Rubén Balsa, Aarón, Marcos Rodríguez (Ekedi, m. 55), Marcos Caridad, Granada (Álex Diéguez, m. 72); Toni (Cano, m. 46), Baleato, Cañi, Jorge Sáez; e Rivera.

Silva: Guillermo; Brais Lema, Lorusso, Fiuza, Scalón, Michel Leal; Souto (Tiago, m. 63), Carlos, Cata, Joni (Cardelle, m. 74); e Joao Paulo (Angulo, m. 78).

Goles:

            0-1: Rivera, en propia meta, á saída dun córner (m. 1).

            0-2: Tiago, nunha contra, aproveita a dúbida de Bugi na saída (m. 83).

            1-2: Rivera, de penalti a Álex Diéguez (m. 90+).

Árbitro: Rubén Extremadura, asistido por Daniel González e Carlos González. Amoestou a Cañi, Marcos Rodríguez, Rubén Balsa e Álex Diéguez; e a Souto, Joao Paulo e Larusso.

Campo: As Eiroas, 250 espectadores. Partido da 21a xornada de liga no grupo I de Terceira División.

O Bergantiños desaproveitou o empate do Rácing, non recuperou o liderado e encaixou a primeira derrota do curso nas Eiroas fronte un Silva granítico, exacto na interpretación dun partido que se lle puxo perfecto no primeiro minuto. Con vantaxe desde tan cedo, os de Bardanca non concederon nada, xuntaron liñas (unha de cinco, outra de catro e Joao Paulo na medular, sen apertar nunca) e esperaron con todos perfectamente ordenados para aproveitar o que lle caese. Non foi moito (un par de despistes de Aarón, a dúbida de Bugi no 0-2), pero alcanzoulles para tumbar a un Bergan atrancado.

Tivo todo o mérito o Silva, independentemente da tarde espesa dos locais, quen, polo demais, intentaron todas as solucións: forráronse atrás de inicio con Granada para buscar tamén unha saída máis limpa, apostaron logo do descanso por dous arriba e acabaron atacando con Cañi, Diéguez, Cano, Rivera e Ekedi, e Sáez ofrecéndose no pivote para armar o xogo ofensivo. Pero o Silva foi hermético desde o primeiro asubío e non regalou un metro nin apenas ocasións para a esperanza do Bergan: tres chegadas de Rivera, Cañi e Baleato e un lanzamento de falta de Aarón, que non atoparon porta, e un remate de cabeza inocente de Ekedi que non lle deu traballo a Guillermo, cando xa o partido estaba resolto.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.