banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

A pegada de Rivera tumba a un incomodo Paiosaco

el .

Bergan Paiosaco Febrero 19

2ª victoria consecutiva de un Bergan que se mantén a 2 puntos del Racing Ferrol .

 

Bergantiños: Cristopher; Toni, Aarón, Marcos Rodríguez, Marcos Caridad; Granada (Ekedi, m. 66), Diego, Baleato; Jorge Sáez, Cano (Rubén Balsa, m. 90) e Rivera (Diego Rodríguez, m. 82).

Paiosaco: Adrián Rama; Bilal, Popi, Edu, Iriso; Javi Fuentes, Pablo (Aythami, m. 46), Eiroa (Otero, m. 70), Juanma; Josiño e Iván Amor (Jesús, m, 78).

Gol: 1-0, m. 80. Rivera remata un centro de Jorge Sáez.

Árbitro: José Manuel Cives, asistido por Marcos Ordónez e Alejandro Vázquez. Amoestou a Aarón e a Marcos Rodríguez; e a Edu, a Eiroa e ao adestrador Juan Riveiro.

Campo: As Eiroas, 500 espectadores. Partido da 23a xornada de liga no grupo I de Terceira División.

Outro tanto de Rivera –e van 16: a fronte da lista de goleadores o dianteiro carballés- serviu para que o Bergan sumase un novo triunfo que o mantén na loita polo título e con máis vantaxe -8 puntos xa- con respecto ao quinto.

Nesta liga na que ninguén regala nada, non llo puxo fácil o Paiosaco, que chegou ás Eiroas co guión ben ensaiado, moi recollido atrás e sempre disposto a armar a contra sen complexos. Mesmo lle puido estragar a tarde aos locais o equipo de Riveiro se a Iván Amor non se lle fixese pequena a portería nun man a man franquísimo con Cristopher, cumprida a hora de partido e 0-0 no marcador.

Mancado aínda Borja Facal, Miguel Figueira apostou por Toni no lateral e por unha saída máis aseada da pelota, con Granada -desde o inicio- e Diego, quen, á media hora, sumouse á construción do xogo desde atrás, con Baleato de todocampista e moita presenza na área rival. Os porteiros, en calquera caso, apenas tiveron traballo antes do descanso, nunha primeira metade na que mellor oportunidade foi para Cano, quen rematou moi alto un bo servizo de Jorge Sáez.

Á hora de encontro o partido subiu de marcha. Puido adiantar Rivera ao Bergantiños nun remate que non prometía pero que se envelenou ao bater nun defensa e obrigou a Adrián Rama a estar rápido para botala a córner cos puños. Respondeu axiña o Paiosaco coa referida ocasión de Iván Amor, o único que Nas Eiroas non viu claro o gol.

Non se encolleu o Bergantiños, refrescado por un Ekedi que se impuxo sempre nas disputas. Na primeira que gañou saíu á carreira con moito treito pola banda, pero o centro, frouxo, non atopou o quen o completase. Si o fixo, dez minutos despois, Rivera, impecable para cazar un centro de Jorge Sáez e adiantar aos carballeses.

Pero quedaba case un cuarto de hora, que resultou tenso e emocionante: primeiro Ekedi puido sentenciar e, xa no tempo engadido, foi Marcos Rodríguez quen salvou ao Bergan ao sacar baixo paus un remate de Javi Fuentes.

 

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.