banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Mereceron mellor resultado as rapazas do Bergan

el .

Betanzos Femenino Febrero 19 [1024x768]

Moi bo partido do equipo femenino unha vez mais ante un dos gallitos da competición.

A falta de de acerto segue sendo a tónica predominante para un Bergantiños que fixo un gran partido ante o líder da categoría no que, de estar acertado de cara a gol, incluso podería traer algún punto para Carballo.

 
Nos primeiros compases o Bergantiños esperou atrás defendendo ben as embestidas das Betanceiras sabedoras do seu potencial ofensivo, xa que entre Blanca, Noelia e Silvia levan máis goles que todo o equipo carballés. Tanto a  defensa coma a porteira Lara  conseguían desbaratar todo achegamento á  portería visitante. Mediada a primeira parte Carlota adiantou ás betanceiras ao aproveitar un bo centro de Blanca, a mellor xogadora do partido. 
A raíz deste gol o Bergan disporía de dúas boas ocasións por medio de Noe pero non estaría acertada no man a man, co que podía ser o empate antes do descanso.
Nos primeiros minutos da segunda parte as locais saíron convendidas a sentenciar o partido e conseguiron meter ao Bergantiños no seu campo con perigosas internadas de as súas xogadoras de ataque, pero entre a porteira e o bo facer da defensa carballesa, ademáis da falta de puntería, deixarían o marcador co mesmo resultado que a primeira parte e co Bergan aínda con opcións. 
A 15 min. para o final as xogadoras de Gueli adiantaron líneas en busca do gol do empate e conseguiron meter ao líder no seu campo con ocasións claras para Tamy por dúas veces e Noe, que non tería o seu día  de cara a gol. Nos minutos finais as carballesas botarían o último arreón e as betanceiras acabarían pedindo a hora, pero finalmemnte o marcador non se movería
 
Xogaron: Lara, Sabrina, Seo, Martasa, Paula, Fra, Mery, Noe, Lore, Torrado e Isa. 
Tamén xogaron: Eva, Tania, Canosa, Ale e Tamy

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.