banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

O Arosa asalta As Eiroas pero o Bergan segue lider

el .

Bergan  Arosa Marzo 19 [1024x768]

A segunda derrota do Bergantiños xogando como local deixou mudo As Eiroas .

Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Aarón, Marcos Rodríguez, Marcos Caridad (Toni, m. 30); Granada (Ekedi, m. 64), Baleato; Cañi, Cano, Jorge Sáez (Álex Diéguez, m. 46); Rivera.

Arosa: Manu Táboas; Torrado, Pacheco (Mou, m. 80), Pablo Iago Martínez; Trapero, Julio Rey, Suso, Chiqui (Quique Cubas, m. 75), Luis García; Sylla (Javi Nogueira, m. 72).

Goles:

            0-1: Chiqui (m. 1).

            0-2: Julio Rey (m. 21).

            0-3: Sylla, de penalti (m. 63).

            0-4: Sylla (m. 69).

            1-4: Rivera (m. 90).

            2-4: Álex Diéguez (m. 91).

Árbitro: Pablo Álvarez, Sergio Souto e Diego Rodríguez. Amoestaron a Marcos Rodríguez, Toni e Cristopher; e a Pacheco, Torrado e Julio Rey.

Campo: As Eiroas, 300 espectadores. Partido da 27a xornada de liga no grupo I de Terceira División.

Nesta liga igualadísima na que calquera perde con calquera, o mellor para o Bergantiños esta xornada sucedeu en San Lázaro e na Porta Santa, onde caeron o Racing de Ferrol e o UD Ourense, resultados que permiten aos carballeses seguir no liderado uha xornada máis. Das Eiroas só chegaron malas noticias para os de Figueira: unha nova derrota na casa, catro goles en contra e, o peor, as lesións de Caridad e de Jorge Sáez; non parecen graves, pero tal que como vén de competido o último treito de campionato, con case todo por decidir por arriba e por abaixo, o adestrador bergantiñán precisará san a todo o grupo.

O Arousa asaltou as Eiroas con máis eficacia que fútbol. O 0-4 no minuto 90 era enganoso: os da Illa -ben xuntos atrás, sólidos, coa liña de centrais moi adiantada para recuar axiña, sen apertar arriba- remataron catro veces e marcaron catro goles; tres deles, case accidentes. O primeiro -cos seareiros aínda buscando os seus asentos e os xogadores, o seu sitio no campo- foi un centro inofensivo e un despiste defensivo que castigou Chiqui, o único espelido tan cedo. Ao segundo só Julio Rey lle pode poñer nota: se rematou con intención desde onde rematou -pegado a cal, sen visibilidade- é un golazo, pero tivo máis pinta de centro que se envelenou, obrigando a recuar a Cristopher, impreciso ao medir a parábola. O terceiro chegou tras un penalti que non pediron nin os visitantes, seguramente tan sorprendidos como os bergantiñáns cando o árbitro sinalou os once metros.

Abrigado en defensa, o Arousa propuxo só pelotazos á carreira de Sylla (ou de Luis García), pero o Bergantiños tardou 20 minutos en centrarse. Cando o fixo xogou, ata o descanso, unha meritoria media hora na que só lle faltou máis claridade no último treito. A que si tivo o Arousa para facer bingo en todas as súas chegadas; antes e despois do descanso: unha segunda metade na que único claro para todos era que o Bergantiños, xogase 90 ou 180 minutos, onte non marcaría. Fíxoo no engadido e maquillou unha goleada excesiva.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.