banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Un bo Bergan mereceu mais diante do Racing Ferrol

el .

Bergan Racing marzo 19 [1024x768]

O Racing de Ferrol sae vivo das Eiroas fronte a un Bergantiños que fixo máis méritos para a vitoria

Bergantiños: Christopher; Borja Facal, Aarón, Diego, Marcos Rodríguez, Toni, Baleato, Granada; Jorge Sáez (Álex Diéguez m. 85), Cano e Ekedi (Cañi m. 72).

Racing de Ferrol: Chema; Seoane, Villarejo, Catú, Garrido; Joel, Pau, Armental, Pablo Rey; Juan Antonio e Joselu.

Árbitros: Manuel Casanova, asistido por David Fernández e Renny Mazaira. Amoestou a Pau e Villarejo

Campo: As Eiroas, 1000 espectadores. Partido da vixésimo novena xornada de liga do Grupo I da Terceira División. Antes do encontro, o presidente do club, Luciano Calvo, entregoulle unha placa ao socio número 1, José Cotelo.

Saíu vivo das Eiroas o Racing de Ferrol fronte a un Bergantiños que mereceu máis, sempre ao mando nun partido intenso xogado en quinta marcha e a un ritmo altísimo ata o descanso. Se non recuperaron o liderado os da casa foi que lles faltou puntería, sobre todo a Cano, que estivo en todas: tres moi boas oportunidades nas que se cruzaron o porteiro -salvador en dous remates- ou a defensa, e outra máis na que ao dianteiro vermello marchoulle o control cando non tiña enfronte máis que a Chema.

No encerado, Figueira mandou a Granada moi arriba, case de enganche, mentres Toni -un dos destacados- acompañou a Baletao na sala de máquinas, e Jorge, Cano e Ekedi -moi traballador nas disputas e nas carreiras ao espazo- intentaban facer efectivo o dominio dos locais, que empurraron desde o primeiro minuto. O Racing mostrouse moi conservador, conforme sempre co empate. Non propuxo case nada cerca de Cristopher, non sendo un remate de Juan Antonio, tamén protagonista dun posible penalti que só llo pareceu a os seareiros ferroláns, tan numerosos como apaixonados.

Na segunda parte o partido perdeu ritmo, pero nunca emoción. Puido decidilo, outra vez, Cano, pero ao 7 fíxoselle pequena a portería no man a man con Chema. Non se rendeu o Bergantiños, pero o seu dominio non se traduciu en ocasións. De aí ao final os visitantes sentíronse descaradamente cómodos coas táboas: nin se molestaron en facer un só cambio.

 

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.