banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Presentado o equipo Infantil Femenino do Bergan

el .

Presentacion equipo femenino Bergan

A aposta polo futbol femenino da un paso adiante ca posta en marcha do 3º equipo do clube .

Hoxe presentamos nas Eiroas ao equipo que nos representará na III Copa Gallaecia de fútbol feminino, nun acto ao que asistiron o presidente do Bergantiños, Luciano Calvo; a presidenta das Escolas Luis Calvo Sanz, María Dolores Calvo; o vicepresidente das Escolas Luis Calvo Sanz, Jesús Capelán; o secretario do Bergantiños, Luis Cendán; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. Será o noso 31° conxunto federado, o que nos converte nun dos clubs con máis licenzas e equipos do fútbol galego, e probablemente no primeiro.

Isa Vázquez e Gueli Cotelo dirixirán un grupo formado por: Alejandra Santalla (infantil, do Bergantiños), Carla Pose (infantil, do Bergantiños), Elena Vázquez (alevín, da EF Luis Calvo), Zaira (alevín, da EF Luis Calvo), Laura Caamaño (infantil, da Esteirana), Lola Piñeiro (infantil, da Esteirana), Marta Piñeiro (alevín, da Esteirana), Alexia Lorenzo (infantil, do Coristanco), Jimena Bastón (infantil, do Cerqueda), Paula Veiga (infantil, do Cerqueda), Saskia Rodríguez (infantil, do Laxe), Blanca Charlín (infantil, do Laxe), Olalla Antelo (infantil, do Xalleiros), Uxía Mourelle (infantil, do Xalleiros), Uxía Lema (infantil, do Fisober), Saray Duarte (infantil, do Fisober), Sharay Caamaño (infantil, do Fisober), Laura Blanco (infantil, do Fisober), Lucía Martínez (infantil, do Fisober), Lucía Canosa (infantil, do Fisober), Ruth Muíño (infantil, do Fisober), Alexia María Suárez (infantil, do Fisober) e Abril Pazos (alevín, do Xuventude de Oroso). O plantel non está pechado e, en próximas datas, poderiamos realizar algunha incorporación máis. O Bergantiños agradécelle aos clubs da zona a cesión das xogadoras.

O calendario e o cadro de equipos participantes aínda non están pechados, pero si confirmada a celebración nas Eiroas da xornada a disputar o 15 de xuño.

Na presentación do equipo, Luciano Calvo salientou a aposta que está a facer o Bergantiños polo fútbol feminino: “Esperemos que sirva tamén para que, a próxima temporada, poidamos ver nas nosas comarcas unha Copa da Costa de fútbol feminino”.

Rafael Louzán deulle “a benvida ao fútbol federado a un gran club como é o Bergantiños. Tamén as Escolas Luis Calvo, gracias a esta gran familia, a familia Calvo, que fai posible que esteades competindo. Alegrámonos enormemente de que o Bergantiños teña 31 equipos federados: debe de ser, probablemente, o club máis importante de Galicia, o que fala da extraordinaria labor que está facendo polo fútbol de Carballo, da Costa da Morte e de toda Galicia”.

Evencio Ferrero afirmou “estar encantando de estar hoxe aquí con vós. Pensar que levades o escudo dun club case centenario, un club que sempre nos identificou como carballeses e como carballesas. O Concello só pode agradecer ao Bergantiños e ás Escolas Luis Calvo por ese xeneroso e inmenso traballo que están a facer”.

Ao remate da presentación, Jesús Capelán explicoulle ás nais e pais das xogadoras o proxecto e as pautas de comportamento para o funcionamento do Bergantiños.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.