banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

O Bergan conxurase para ser campion de liga

el .

Bergan   UD Ourense Abril 19 [1024x768]

A falta de 7 xornadas a loita polo título e cousa de tres: Bergantiños , Racing Ferrol e Compostela.

Bergantiños: Cristopher; Borja, Aarón, Diego Fernández, Diego Rodríguez; Toni, Baleato, Jorge Sáez (Cañi, m. 73); Cano, Álex Diéguez (Marcos Rodríguez, m. 69) e Rivera (Ekedi, m. 46).

UD Ourense: Pato; Fran (Isi, m. 57), Alfredo, Corzo, Vieytes; Germán, Presas, Rubén Durán, Fondevilla (Adrián, m. 76), Marquitos; e Hugo García.

Goles:

            1-0: Cano (m. 12).

            1-1: Marquitos (m. 44).

            2-1: Jorge Sáez (m. 46).

Árbitros: Abel Bruzos, Brais García e Javier Gómez. Amoestaron a Toni, Cano, Baleato e Ekedi.

Campo: As Eiroas, 500 espectadores. Partido da 31a xornada de liga no grupo I de Terceira División.

O Bergantiños salvou contra o UD Ourense un complicado compromiso e mantén o liderado a falta de sete xornadas para o final de liga. Non regalaron nada os visitantes, que nunca renunciaron á vitoria nun partido igualado no que, con todo, as mellores ocasións foron para os de Figueira.

Empezou pegando o Ourense, pero perdoou xusto antes de que Cano, desde o bico esquerdo da frontal, conectase un centro chut a ras de tapete que bateu no pao antes de converterse no 1-0. Moveu peza axiña Fernando Currás e situou a Marquitos por dentro, de parella de Hugo García na dianteira, con moito carrete para Fran e Alfredo, máis precavidos no carril antes do gol. Aínda que na primeira media hora o mando foi do Bergantiños, perigoso cada vez que Cano recibía e, sobre todo, na estratexia. O Ourense apenas inquietaba, pero si estivo atento Marquitos ao cazar, a piques do descanso, un dereitazo con moita curva, imposible para Cristopher.

O mesmo que o empate, o 2-1 pillou a boa parte das Eiroas a medio camiño dos asentos: o primeiro balón en xogo logo do intermedio chegoulle a Ekedi, que rematou con veleno dabondo para que o rexeite de Pato lle caese a Jorge Sanz con todas as vantaxes. En menos de cinco minutos tivo o Bergantiños a oportunidade de tumbar ao Ourense, pero a cabalgada e o centro perfecto de Aarón botoulle a Ekedi antes golpear a medio metro da liña: por riba da portería, con Pato vendido.

Colleron aire entón os visitantes e mesmo puideron empatar cumprida a primeira hora, cando Marquitos volveu meter o pé con toda intención nunha pelota rasa ante a que Cris estivo moi rápido para mandala ao recuncho. Tomou nota Figueira do empurrón ourensán e cambiou a Álex por Marcos Rodríguez para dispoñer unha liña de cinco atrás. O Ourense apertaba, pero sin perigo, e mesmo a mellor ocasión antes do último cuarto de hora foi para Toni, pero tamén saíu alta.

Coa vantaxe mínima, a emoción resultou máxima. O Bergan aguantaba; o Ourense ameazaba. No engadido case chega o empate. Primeiro, nun zurdazo de Alfredo desde 30 metros que pasou a unha cuarta do traveseiro. Despois, nun centro de Isi que se paseou como puido atopar calquera perna na que rebotar cara a rede.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.