banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

O Bergan alcanza o 3º Play Off consecutivo

el .

Bergan   CD Barco Mayo 2019 [1024x768]

O Bergantiños sofre ata o último asubío para tumbar ao C.D. Barco

Bergantiños: Cristopher; Borja, Aarón, Marcos Caridad, Marcos Rodríguez; Diego, Toni, Baleato; Cañi (Rubén Balsa, m. 90), Jorge Sáez (Álex Diéguez, m. 75) e Ekedi.

CD Barco: Blanco; Sito, Toni, Javi (Diego Tato, m. 66), Omar (Tabala, m. 58); Rubén García, Pablo Rubio, Jorge (Oli, m. 80); Ivi Vales, Juanito Bazo e David Álvarez.

Goles:

            1-0: Jorge Sáez (42’).

            2-0: Cañi (48’).

            2-1: Juanito Bazo (58’).

Árbitros: Adrián González, Marcos Padín e Francisco Piñón. Amoestaron a Caridad, Aarón, Ekedi, Diego, Jorge Sáez e Cañi; e a Toni, Tabala, Javi, Jorge e Rubén García.

Campo: As Eiroas; 500 espectadores. Partido da 35a xornada de liga no grupo I de Terceira División.

Un partido que o Bergantiños tivo no peto durante unha hora -non precisamente cómodo, aínda que sempre ao mando e controlando a pelexa- estivo a piques de rematar en susto para os carballeses por dous erros calcados: outras tantas perdas de balón cando o ataque era local.

Ata o 58 o Bergan gobernou, sen moitas complicacións para o Barco, nun partido máis táctico que intenso, pobre en ocasións: un posible penalti por mans na área visitante e un roubo de Cañi para habilitar a un Ekedi demasiado escorado. Esa liña do guión repetiuse no gol de Jorge Sáez, un xesto preciso, chegando sen marca, a centro de Baleato, solidísimo no corte na medular.

A única aproximación visitante acabou na rede de Cris, no 39’, logo do saque da falta que lle custou o cartón a Aarón, pero Adrián González interpretou o remate en fóra de xogo.

Non houbo dúbida que resolver no 2-0, outra falta na que Cañi non lle deu opción a Blanco. Con 40 minutos por xogar todo parecía máis costa abaixo para o Bergantiños, así que Manolo Pérez moveu peza. Mandou arriba a Tabala de parella de Bazo nun minuto, o 58, que mudou o panorama. Cadrou co primeiro erro dos carballeses, unha perda que permitiu ao Barco armar un contra que Bazo non estragou. Os de Figueira sentiron o golpe e o partido enlamouse ao tempo que subía de revolucións e os nervios, a emoción, as faltas e as tarxetas protagonizaban un xogo cada vez máis atrancado, no que os ourensáns empurraban con todo, menos con acerto. Aínda así tiveron o empate: primeiro, nunha perda Cañi que cazou Bazo, inocente no man a man cun Cris que estivo onde había que estar. Máis mérito tivo a man que o porteiro sacou no engadido a un centro desde a banda, envelenado, ao que case chega -se é que non o punteou- o dianteiro do Barco.

Foi o último alento dos visitantes pero o osíxeno que precisaba o Bergantiños para celebrar un triunfo que lle vale a súa terceira presencia consecutiva nas eliminatorias polo ascenso. Non fallou o Racing de Ferrol, pero si o Compostela: a primeira praza segue a catro puntos, treito que aínda lles permite aos de Figueira seguir soñando.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.