banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Began: peor comienzo de liga de Miguel Figueira

el .

Bergan Arenteiro Sept 19

O Bergantiños deixa dous puntos fronte a un ordenado Arenteiro que acabou mellor

Bergantiños (0): Santi Canedo; Duque (Bilal, m. 65), Aarón, Iago López, Antonio, Agulló; Diego (Granada, m. 77), Remeseiro; Cano, Yelco (Willian, m. 77) e Rivera.

Arenteiro (0): Rui; Ocampo, Fajardo, David, Toño, Ross; Manu, Emilio; Ivalotelli (Albertito, m. 54), Javi Rey e Jony (Carlos, m. 81).

Árbitros: Jesús Calvelo, asistido por Sergio Maldonado e Rubén Rodríguez. Amoestou a Agulló e Diego; e a Ivaloltelli, Emilio, Javi Rey e Ocampo. Expulsou a Iago López por dobre cartón amarelo (m. 85).

Campo: As Eiroas, 300 espectadores. Partido da segunda xornada de liga no grupo I de Terceira División. Antes do comezo do encontro gardouse un minuto de silencio polos socios do Bergantiños falecidos este ano, e polo pasamento da filla do seleccionador español de fútbol, Luis Enrique.

O Bergantiños deixou dous puntos fronte a un Arenteiro moi ordenado que acabou o partido mellor, sumando varias ocasións que puideron desfacer o empate. Antes do descanso os carballeses estiveron mellor: levaron a iniciativa e foron os únicos que miraron cara a portería rival, nunca con puntería. Saíron os dous equipos ao campo ben forrados atrás, con tres centrais, pero con máis precaucións no bando visitante, onde os carrileiros cruzaban a medular só cando era imprescindible, o que non llo pareceu case nunca nos primeiros corenta e cinco minutos.

Todo o contrario que a Duque e a Aarón, quen vivían e (case) defendían en campo contrario. Precisamente cos balóns ao espazo polas bandas levou todo o perigo o Bergan, que puido adiantarse en accións nas que non tiveron premio os remates de Yelco, Rivera e outra vez Yelco, nunha bonita combinación con Remeseiro, o mellor dos locais onte. Aínda que cando máis cerca estivo o 1-0 foi no engadido, logo de que Agulló facilitase a carreira de Aarón, perfecto tamén no centro, pero ao golpeo de Duque faltoulle moita precisión.

A segunda metade empezou como a primeira, con outra oportunidade local que non prosperou porque non callou o control de Yelco, moi complicado, polo demais.

E aí mudou o partido. O Bergantinos deixou de apertar arriba para obrigar ao Arenteiro ao balón longo, atrancouse eo deulle moito aire ao contrincante, que fixo méritos para o punto co que marchou e quen sabe se para máis. Primeiro avisou Emilio, logo Albertito, máis tarde Fajardo nunha falta directa bastante afastada que non atopou meta por moi pouco.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.