banner fem

baner plan

  • carballodeporte
  • deporte-galego
  • san-remo-deportes
  • telepizza
  • clinicacarballo
  • gestagua
  • deputacion a coruña
  • ProLiga RGB

Demasiado castigo para o Bergantiños nas Eiroas

el .

Bergan Fabril 6 Oct 19

O partido da 7ª xornada contra o Deportivo Fabril (1-3), rematou con polemica .

Bergantiños: Santi; Toni (Bilal, m. 52), Aarón, Iago López (Yelco, m. 76), Antonio; Agulló, Diego, Remeseiro; Cano, Álex Diéguez (Duque, m. 52) e Rivera.

R.C. Deportivo Fabril: Viorel; Valín, Martín Vila (Javi Sánchez, m. 70), Bourdal, Iago Parga; Kanouté, Villares, Iago Novo, Aarón; Jawed (Pedro, m. 79) e Losada (Mosquera, m. 90).

Arbitro: Adrián García, asistido por Marcos Ordóñez e Ángel Acuña. Expulsou a Miguel Figueira, Duque e Bilal. Amoestou a Agulló e Santi; e a Martín Vila, Jawed, Villares e Iago Parga.

Goles: 0-1: Aarón (m. 11).

            1-1: Diego (m. 69).

            1-2: Aarón, de penalti (74).

            1-3: Pedro (90+).

Campo: As Eiroas, 500 espectadores. Partido da sétima xornada de liga no grupo I de Terceira División.

Non mereceu tanto castigo o Bergantiños nun partido que acabou coas bancadas asubiando aos árbitros logo dun último cuarto de hora no que se acenderon os ánimos de todos -no campo, nos bancos e na grada- logo de que Adrián García tomase decisións discutibles que se saldaron cun penalti a favor do Fabril e as expulsións de Miguel Figueira, Duque e Bilal (aínda que o acta reflicte que o lateral só viu cartón amarelo, no campo o colexiado ensinoulle o vermello).

O filial do Deportivo foi mellor durante a primeira media hora: apertaba moi arriba, todos moi xenerosos no esforzo, e atrancaba a saída de balón do Bergantiños, por máis que Agulló, Diego e Remeseiro se ofrecesen sempre. Precisamente desa presión sacaron rédito os visitantes, cando Iago López, apurado por Iago Novo, regaloulle o balón ao centrocampista coruñes, quen serviu un centro fácil para Aarón, un dos que chegaba só en carreira.

O Bergantiños no atopaba o sitio e ademais permitía demasiado, como cando Jawed, moi cómodo, sen que o apurasen, manobrou con clase e armou a perna desde os tres cuartos, difícil para un Santi atento no rexeite, nesa acción e en todo o encontro.

Aínda que aí polo minuto 30 o Bergan se sacudise o dominio, en ataque non foi quen de opoñer máis que centros laterais que nunca atoparon remitente. Máis perigo levou o Fabril, que, xusto antes do intermedio, tivo un boa chegada en carreira de Losada que non atopou a rede por moi pouco.

Logo do intermedio o equipo visitante volveu a mandar e case aumenta a vantaxe noutro bo remate afastado de Iago Novo no que Santi estivo perfecto outra vez. Respondeu Remeseiro na mellor ocasión do Bergan na primeira hora, un remate abaixo que marcho fóra por pouco.

Esa oportunidade reforzou a moral do Bergantiños, que empurrou máis, mentres o partido comezaba a subir de temperatura cunha entrada de Martín Vila que se non foi de cartón vermello tampouco de amarelo, o que lle ensinou o árbitro entre protestas dos locais, os de curto e os que o viron desde arriba.

Os de Figueira obtiveron premio ao seu esforzo e as súas ganas co gol de Diego, pero foi un espellismo no que probablemente tiveron non pouco que ver as decisións de Adrián Rodríguez. Primeiro pitou un penalti -rigoroso a primeira vista- por empurrón de Duque dentro do área. Logo expulsou ao mesmo Duque por zafarse da agarrada dun fabrilista, moi hábil para irse ao chan. O árbitro interpretou que co cóbado, pero a suposta agresión pareceu máis que discutible. Logo chegou falta previa ao último gol do filial na que Bilal entrou con forza abaixo para cortar unha contra, xa con son de vento nas bancadas e todos nas Eiroas moi nerviosos.

Visit the new site http://lbetting.co.uk/ for a ladbrokes review.